Masa Crítica


Como xa saberedes, a masa crítica é un movemento internacional xurdido en 1992 para promover e defender os dereitos dos ciclousuarios. Na Coruña existe desde o ano 2005 e reúnen entre 60 e 100 persoas todos os primeiros venres de mes. Masa Crítica na Galipedia.

O cambio de política de transporte nas cidades industrializadas é algo inevitable, o crecemento do uso do coche particular fixo crecer os atascos, a contaminación, o stress, os accidentes, ... Necesitamos unha decidida política de aposta pola bici e o transporte público para facer da nosa cidade unha cidade habitable. Coa entrada dun novo governo de coalición, é o momento de que os ciclousuarios saiamos á rúa, a deixarnos ver, a reclamar medidas para o fomento do uso da bici e lograr máis facilidades para á nosa comodidade e seguridade. Outras cidades como Donosti, Granada, ... xa o están facendo... queremos seguir no tren de cola ou queremos apostar fortemente polo futuro?
(máis info: www.bicis.info, www.masacriticacoru.mundoforo.com)

Acude este venres día 3 de agosto, ás 19:45h na Praza de María Pita (saída ás 20h) a facer un divertido paseo pola cidade.
Vémonos na bici.

Coe.